O concello da Pobra aumenta o seu patrimonio coa adquisición da Casa da Cadea

POBRA> O alcalde, José Carlos Vidal, mostrou a súa satisfacción pola adquisición para o erario municipal desta construción, coñecida como a Casa da Cadea por un importe duns 148 mil euros.

Aínda que a súa compra xa fora aprobada no anterior mandato, non puido materializarse ata o de agora, unha vez realizadas tódalas xestións pertinentes.

Datado a finais do século XVIII, o edificio foi empregado nos seus inicios coma cárcere, pero con anterioridade, mesmo acolleu a casa consistorial.

Na actualidades só conserva a fachada orixinal, aínda que para a parte traseria dispón dunha parcela duns 220 metros cadrados.

Dende o Concello xa estudan os seus posibles usos futuros, barallándose varias opcións.

O Concello estuda tamén diferentes liñas de financiamento a través das distintas Administracións públicas para a súa rehabilitación e posta en valor.