Aprazado o peche de San Bartolomeu

    NOIA> A climatoloxía obrigou a desprazar o último día das festas de San Bartolomeu de Noia. Estaba previsto, que o peche, se desenvolvera na xornada de onte pero finalmente trasládase ó venres 29. Ás 10.30 da mañá, as alboradas a cargo da banda municipal de Noia inaugurarán a xornada. De seguido haberá unha competición de busca do tesouro polo rueiro noiés e festa da escuma para rapaces. Ruta en bicicleta, actividades na alameda e batuque nas rúas serán outras opcións que nos ofrece o San Bartolomeu. A orquestra Abanico amenizará a velada nocturna, seguido dos fogos de artificio no peirao do Marqués. Concluirá a cita noiesa cos monólogos de Luís Davila e Carlos Blanco na praza do Tapal á unha menos cuarto da madrugada.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí