BOIRO> A Conselleira do Mar supervisou as obras dos pantaláns que se veñen de iniciar no porto de Cabo de Cruz. Esta actuación, na que se investirán aproximadamente setecentos mil euros, dará por satisfeita unha vella demanda dos profesionais do mar . Setecentos mil euros para melloras as condicións de traballo dos profesionais do mar en Cabo de Cruz que ata o momento non dispoñían de pantaláns para embarcacións da terceira lista. Este é o investimento das obras que veñen de iniciarse no peirao crucense e que previsiblemente estarán rematadas en setembro. A Conselleira supervisou os traballos na compaña do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán e o alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste quen agradeceu este importante e necesario investimento que contribuirá a incrementar a seguridade dos traballadores. Agora queda pendente a dotación de pantaláns para embarcacións mexilloeiros, actuación que segundo informou a conselleira se licitará nos próximos meses. Proxectaranse cento trinta e nove prazas de amarre para barcos con eslora entre doce e vinte e dous metros. Procederase tamén á instalación dun dique flotante de cinco metros de anchura na parte máis exposta da dársena. O proxecto conta cun orzamento próximo ós sete millóns de euros.
Inicio Barbanza - Muros - Noia