
O SALNÉS> Falámoslles agora de doazón de órganos e transplantes co gallo da exposición do concurso de debuxos que se pode ver estes días no Hospital do Salnés. E é que esta comarca é unha das máis solidarias neste apartado; con todo aínda queda moito camiño por percorrer no eido da concienciación para satisfacer toda a demanda existente.
O hall do Hospital do Salnés acolle durante esta semana os traballos presentados á cuarta edición do Concurso de Debuxo e Lemas para Escolares relacionado coa Doazón e os transplantes. Aquí podemos ver as ideas dos máis cativos respecto a este acto solidario que salva moitas vidas. Esta actividade, xunto cas 644 charlas informativas que se impartiron en 110 concellos galegos están destinadas á concienciación da cidadanía; desta volta á partires dos máis pequenos. Os resultados desta e doutras accións de van en aumento: no que vai de ano o número de donantes volveu a aumentar un 3 %; e o Salnés convértese nunha das comarcas máis solidarias. Aqueles que queiran ser doantes post mortem só teñen que manifestar a súa vontade de selo; aínda que o de que finalmente sexan doantes dependerá do seu estado de saúde, do xeito no que faleceron e de que os seus familiares o consintan, que son os que terán legalmente a potestade de facelo en última instancia. Desde a a asociación ADROVI, Asociación de Doadores e Receptores de Órganos de Vigo e a propia Oficina de Coordinación de transplantes fan un chamamento á concienciación cidadá para que aumenten as doazóns de órganos e os transplantes; que en Galicia se sitúa en índices por riba do 20 %.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/27/transplantes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/27/doazon_organos.mp4{/flowplayer}






