A Conselleira do Medio Rural aplaude iniciativas de unión como a de Terra Asorei

    MEIS> A Conselleira do Medio Rural visitaba esta mañá as novas instalacións das Adegas Terra Asorei en San Martiño de Meis. Ángelez Vázquez aplaudiu a iniciativa da adega, que pasou de ser unha Agrupación de Interese Económico a unha Sociedade Limitada, como exemplo de unir forzas para que o sector siga medrando.

     

    Acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, a Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, achegábase esta mañá   ata San Martiño de Meis para coñecer de preto as novas instalacións da Adega Terra Asorei. Da man do seu presidente coñeceu o proxecto que puxeron en marcha dende este outono e co que pretenden mellorar a súa produción dos 400.000 litros aos 600.000. Entre 600.000 e 800.000 botellas das que venden o 100%.

    Coa idea de mellorar a finca e as instalacións mediante un deseño harmónico e respectuoso co medio ambiente e a natureza da zona esta Agrupación de Interese Económico pasou a ser unha Sociedade Limitada que impulsa con forza a internacionalización dos seus viños.

    A conselleira de Medio Rural quixo destacar a labor que se está a facer dende Terra Asorei por adaptarse aos novos tempos sumando esforzos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/04/conselleira_terra_asorei.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/04/conselleira_terra_asorei.mp4{/flowplayer}