A Mancomunidade aumenta a súa maquinaria como exemplo de unificación de servizos

    VILANOVA> A Mancomunidade do Salnés continúa apostando pola unificación dos servizos entre os seus concellos. O ente ven de recibir unha axuda de 50.000 euros da Xunta para ampliar o seu parque de maquinaria con máquinas destinada a accións de conservación ambiental. Uns usos que esta mañá puido comprobar en directo o vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda.

     

    O parque de maquinaria da Mancomunidade do Salnés continúa a medrar. Este ano, o ente volverá ampliar os seus medios cunha nova subvención da Xunta de Galicia, con maquinaria destinada a tarefas de desbroce ou a limpeza de paseos e áreas recreativas.

    A aportación da administración autonómica ascende aos 50.000 euros, que proveñen do Fondo de Compensación Ambiental do canon eólico. Entre outras peticións, a Xunta destinou os cartos á Mancomunidade en recoñecemento ao seu proxecto de unificar servizos entre varios concellos.

    Con esta nova achega, a Mancomunidade recibiu neste últimos dous anos máis de 100 mil euros destinados a este tipo de actuacións medioambientais.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/28/rueda_axudas_medioambientais.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/28/rueda_axudas_medioambientais.mp4{/flowplayer}