O obradoiro “Vista Alegre 2” empregará a 22 persoas en Vilagarcía

    VILAGARCÍA> O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participou esta mañá na inauguración do obradoiro de emprego “Vista Alegre 2” de Vilagarcía. Este ano o curso terá unha duración tan só de seis meses e prepara a un total de 22 alumnos. No acto tamén estivo o alcalde, Tomás Fole. O obradoiro de Emprego Vista Alegre 2 terá unha duración de seis meses. A decisión da Xunta foi mantelo pero reducir a súa duración, xa que ata o de agora extendíase durante todo o ano. Dende a Xunta investiranse 195.000 euros, que xunto a aportación económica do concello para material e equipamento chegarán ata case os 300.000 euros. Os cursos formarán a 22 persoas, en dous módulos: un de carpinteiría e outro de Instalación re Mantemento de Zonas Verdes e Xardíns. Realizarán traballos en diferentes puntos do concello para beneficio de tódolos vilagarciáns. Tanto Fole como Tourís animaron ós alumnos a aproveitar esta oportunidade laboral. En total son 26 persoas as que obteñen traballo, contando tamén ós mestres. As persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibirán o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes durante os meses que durarán estes proxectos. O alumnado traballará durante os próximos seis meses na conservación e mellora de espazos públicos naturais, como A Xunqueira, Castriño, Ravella, Vilaxoán, a alameda, ou Carril. Tamén se ocuparán da pintura de espazos públicos e do mobiliario urbano dos parques da Xunqueira, da Coca, así como da varanda do paseo do río do Con, as instalacións deportivas exteriores o estadio de atletismo e o campo de fútbol do concello. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/17/obradoiro600_171013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/17/obradoiro_171013.mp4{/flowplayer}