![]()
O GROVE> A Asociación Cultural Roza do Pedrol e maila concellería de Cultura do Grove presentaron a II Festa da Malla de San Vicente.
{flowplayer}images/salnes/festa_malla.flv{/flowplayer}
O GROVE> A Asociación Cultural Roza do Pedrol e maila concellería de Cultura do Grove presentaron a segunda edición da Festa da Malla de San Vicente.
A novidade é que este ano se traslada á Horta do Cura. Desde hai un mes, decenas de veciños traballan no acondicionamento desta parcela. O Concello quere aproveitar este uso puntual para abrir definitivamente ó público este patrimonio.
En canto á romaría, será similar á do ano anterior. Recrearase unha labor da agricultura tradicional como é a malla, pero nesta edición darase un paso máis e completarase o proceso cocendo pan. Ás once da mañá abrirase o recinto e ás 12 e media farase a representación.
Amais da agricultura tradicional recrearanse outros oficios da época, coa presenza dun ferreiro, un canteiro, un cesteiro, unha palilleira e un carpinteiro, que ofrecerán talleres didácticos. A música e o baile tampouco faltarán, nin os xogos populares e os contos. A organización pide ós asistentes que acudan vestidos acorde coa ocasión.
O programa arranca xa este sábado, coa inauguración na casa de cultura de San Vicente dunha exposición audiovisual sobre a primeira romaría da malla celebrada en 2009.
Redacción Salnés







