300 xadrecistas competirán no VI torneo Concello de Rianxo

    RIANXO> Rianxo acollerá este próximo sábado 30 de agosto a sexta edición do Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo. No campionato, que irá dirixido a tódalas categorías: promoción, afeccionados e absoluta, repartiranse uns dous mil euros en premios en metálico. Ó redor duns trescentos xadrecistas pertencentes a distintas categorías, chegados dende diferentes clubs de toda Galicia e fóra dela, daranse cita este próximo sábado 30 de agosto no pavillón polideportivo para participar na sexta edición do Torneo Internacional Concello de Rianxo organizado polo Club Xadrez Rianxo. Englobará tres competicións: un trofeo de promoción para as categorías inferiores, un campionato para afeccionados e o torneo absoluto, no que se darán cita destacados profesionais deste deporte, moitos deles grandes mestres internacionais. O evento deportivo conta, como cada ano, coa participación do Concello que aposta firmemente polo xadrez. O torneo dará comezo a partir das once da mañá coas primeiras roldas. Dende a organización destacaron a colaboración tanto do concello como da Deputación da Coruña, así como as distintas empresas patrocinadoras deste evento, xa que sen a súa axuda sería impensable poder desenvolver este torneo, hoxe xa un referente deste deporte. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/28/presentaciontorneoxadrezrianxo2808141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/28/presentaciontorneoxadrezrianxo280814.mp4{/flowplayer}