![]()
BOIRO> A Directora Xeral de Comercio visitou as instalacións de Estaleiros Triñanes. A titular do departamento autonómico comprometeuse a seguir traballando para a posta en valor desta profesión.
{flowplayer}barbanza/directoraartesaniaasteleirostrinanes.flv{/flowplayer}
Fuxir da visión romántica da carpinteiría de ribeira como oficio ancestral e convertelo nunha actividade produtiva puxante de futuro. Este é o reto que se marca Xerardo Triñanes, xerente de Estaleiros Triñanes e presidente da Asociación Galega de Carpinteiría de Ribeira, AGALCARI.
Motivacións non lle falta posto que os eu traballo foi niminado ós premios nacionais de artesanía, un recoñecemento que supón un pulo para seguira traballar en prol do recoñecemento deste oficio.
Nesta liña de apoio que vén marcando a dirección xeral de comercio, tanto a súa titular, Sol Vázquez, como a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, tiveron ocasión de coñecer máis de preto as instalacións e o traballo que se leva a cabo nos talleres boirenses.
Precisamente, a madeira como material orixinario da construción naval garante a estabilidade e a perdurabilidade dos barcos así como o total respecto ó medio ambiente.
Redacción Barbanza









