Unha boirense denuncia ó seu ex-marido polo presunto secuestro da súa filla

    secuestro.jpgBOIRO> Unha muller denunciou á súa ex-parella polo presunto secuestro da súa filla. A nena tiña que voltar coa nai hai días pero o pai non se presentou.

    {flowplayer}barbanza/denunciasecuestroboiro.flv{/flowplayer}

    María del Mar Rodríguez é unha nai desesperada. O pasado 29 de xullo o seu ex-marido levouse á súa filla de dous anos a pasar uns días con el. A nena tiña que estar de volta o día 31 do pasado mes pero o pai non se presentou. A pesar de que a nai comunicouse telefonicamente con el non puido falar coa nena e na actualidade asegura descoñecer o seu paradoiro.

    A sentenza sobre a custodia establece que a nena debería estar de volta coa súa nai o día 31 de xullo. Así o obriga a lei e así o acordaron os proxenitorescando o pai levou á nena con el. Sen embargo, este non cumpriu co establecido e, ata o momento, aínda non devolveu a nena á súa nai, quen ten a custodia.

    Localizado

    María del Mar Rodríguez puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil quen xa localizou ó pai e comprobou que a pequena se atopa en perfecto estado. Sen embargo a nai está a vivir unha situación de auténtica angustia posto que era a primeira vez que a pequena pasaba días co seu pai, xa que este sempre renunciaba ós dereitos establecidos no réxime de visitas, e ademais a nena padece asma e precisa medicación.

    María del Mar denuncia ademais que o pai négase a facilitarlle a súa dirección e nin tan sequera lle permite comunciarse telfonicamento coa rapaza.

    Este xoves, María del Mar arroupada por un numeroso grupo de amigos e familiares, desprazouse ata os xulgados de Ribeira para exporlle a súa situación á xuíz quen examinou a sentenza pero polo momento non determinou a data na que a nena volverá coa súa nai.

    Mentres tanto, María del Mar decidiu continuar adiante coa denuncia Á espera da decisión xudicial, tan só pide que a súa filla estea ben atendida, e confía na xustiza para que pronto a nena poida voltar á casa.

    Redacción Barbanza