As inmediacións do porto de Cabo, vítimas dun novo vertido

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/28/psoeboirovertidos2808141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/28/psoeboirovertidos280814.mp4{/flowplayer}

BOIRO> O PSOE reclama a modernización da rede de saneamento municipal.

As inmediacións do porto de Cabo de Cruz sufriron un novo episodio de vertidos, segundo alertaron os socialistas de Boiro. Todo apunta a que este é de augas fecais e atópase nas proximidades da depuradora da localidade. Manuel Maneiro, candidato á alcaldía, e Jorge Campaña, voceiro municipal, mostraron a súa indignación pola pasividade do goberno local no que respecta ó saneamento de augas. Un tema no que o PSOE ven incidindo dende hai tempo. Os representantes do PSOE boirense instaron a Xoán Xosé Dieste a abandonar o seu cargo como alcalde, por eludir as responsabilidades que lle corresponden. Consideran que isto está a acontecer por non renovar a rede de saneamento que presenta grandes deficiencias. A oposición lamenta que as reiteradas denuncias interpostas caian en saco roto, xa que o concello fai oídos xordos as súas peticións. Sospeitan, ademais, que pode haber máis vertidos dos que non teñen coñecemento.