A hostalería galega recuperará os seus horarios ‘prepandemia’ a partires do sábado

GALICIA> A hostalería recupera os seus horarios. A Xunta de Galicia anunciou hoxe que dende o sábado se eliminan as restricións horarias que afectaban a estes locais, polo que neste eido recuperarán as condicións previas á pandemia. Mantéñense pola contra outas medidas, como o número máximo de persoas nos grupos e a necesidade de presentar o certificado covid nos interiores.

A hostalería galega dá un paso máis cara a normalidade. Dende o sábado os locais recuperarán os horarios que tiñan antes da pandemia.

Normalidade nos horarios pero aínda non nos grupos. No interior o máximo de persoas por mesa continuará a ser de 8; no exterior, de 15. Ademais, seguirá vixente o uso do certificado covid.

De feito, o goberno autonómico solicitou unha nova prórroga de dúas semanas ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para poder manter esta medida.

O presidente da Xunta de Galicia anunciou hoxe esta decisión, que entrará en vigor dende a medianoite do sábado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí