A Comisión Europea pecha un acordo de cotas positivo para a flota galega

BRUXELAS> O Consello Europeo de Ministros de Pesca finalizou esta madrugada cun acordo positivo para a flota galega. Lonxe de reducirse, a cota do xurelo na zona novena A aumentará nun vinte por cento. Tamén se conseguiu unha mellora para a pescada sur que tan só baixará un cinco por cento fronte ó vinte plantexado inicialmente pola Comisión.

Obxectivo cumprido. Tras tres días de intensas negociacións, a Conselleira do Mar conseguiu arrancar da Comisión Europea un reparto de cotas moito máis positivo para  a flota galega. O xurelo da zona novena A disporá dun vinte e catro por cento máis de cota que o pasado ano, fronte á proposta de redución dun cincuenta por cento plantexada inicialmente. En canto á zona oitava C non houbo movemento na redución proposta pero a comisión acordou aumentar a flexibilidade de intercambio de cota entre zonas ata o oitenta por cento.

Boas novas tamén para a pescada sur que tan só baixa un cinco por cento fronte ó vinte e cinco do que partían as negociacións. Pola contra non houbo cambios na proposta do TAC para a pescada do Gran Sol que experimentará unha baixada do vinte e un por cento.

En canto á cigala, a comisión considera que hai posibilidade de reevaluar o estado da especie segundo os informes elaborados polo Consello Galego de Pesca. Isto abre a porta á reapertura desta pescaría pechada dende hai tres anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí