Jealsa aposta por unha pesca sustentable

BOIRO> A Conselleira do Mar presidiu esta mañá o acto de entrega á conserveira do certificado MSC para as súas capturas de atún rábil no Atlántico.  A firma boirense é a primeira conserveira galega en lograr este distintivo que avala a pesca sustentable e a conservación dos recursos mariños.

Para a firma Jealsa hoxe é unha data histórica. A consecución do certificado oficial de MSC pon fin a  un longo camiño iniciado hai preto de dous anos que supuxo un enorme traballo e moito esforzo ata conseguilo, pero que vén a avalar unha aposta clara da conserveira, que non é outra que avanzar cara a unha pesca sostible centrada na preservación dos recursos mariños e no emprego sostible das materias primas necesarias para levar a cabo a súa actividade.

No acto de entrega do certificado MSC a Jealsa tamén tomou parte a conselleira do Mar, Rosa Quintana, que destacou o compromiso da firma coa pesca sustentable e coa conservación dos recursos mariños, poñendo a firma radicada en Boiro coma exemplo do saber facer das empresas galegas.