PONTEVEDRA> Os deportistas pontevedreses continúan acumulando éxitos. Esta mañá, o alcalde da vila quixo recoñecer as tempadas dos tres padexeiros que acudiron ao Mundial de Augas Tranquilas de Moscú.
O padexeiro do Piragüismo Poio Adrián Sieiro, de só 21 anos, pechou a temporada por enriba das súas expectativas, conseguindo un segundo posto na final B do C-1.500. Pero Sieiro mira máis aló, concretamente cara Río 2016, competindo no C-1.200.
Diferentes son os obxectivos das deportivas da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra. Raquel Rodríguez e Jenifer Casal finalizaron en noveno lugar na final do C-2.500. A súa disciplina non é olímpica, por iso miran cara o mundial.
Os tres deportistas pasaron esta mañá pola alcaldía pontevedresa, a maneira do alcalde de recoñecer os logros conseguidos este ano.
Unha aposta polo deporte que, segundo Fernández Lores, manterase no tempo.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/29/recepcion_padexeiros_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/29/recepcion_padexeiros_pontevedra.mp4{/flowplayer}