Sufrida victoria do Extrugasa en León (43-54)

extrugasa250_100310.jpgSALNÉS> Nova victoria das vilagarciáns, desta volta en León, fronte ó Aros, no encontro aprazado non seu día polo temporal Xyntia. As de Tito Díaz non tiveron o seu mellor día pero puideron impoñerse.

Custou máis do agardado pero o Extrugasa pudio apuntarse a decimoitava victoria da temporada a costa do Aros (43-54). Tito Díaz avisaba na previa que podía ser un partido trampa e a piques estivo de converterse nunha das grandes sorpresas da temporada, porque por segundo encontro consecutivo o arranque das vilagarciáns non foi nada bo.

As leonesas puxéronse en zona durante moito minutos na primeira metade e iso dificultou o ataque dun Extrugasa desacertado no lanzamento e que cometeu demasiadas perdas de balón, quince ó final do encontro. Catro abaixo fóronse ó descanso, 24-20.

Pero a pausa sentoulles moi ben ás vilagarciáns que tamén cunha defensa en zona deseperaron o ataque rival e souberon xogar con máis calma as súas accións de ataque lideradas de novo por unha excelente Cristina Quaye. A nortemericana está no seu mellor momento da temporada e onte foise ata os 24 de valoración facendo 17 puntos e 14 rebotes. A súa aportación foi clave para que o equipo asinara un parcial de 4-18 no terceiro cuarto e deixara o choque visto para sentencia a varios minutos para o remate.

Este triunfo aséntalles na segunda posición da xeral, con tres victorias de marxe sobre o quinto posto a falta de seis xornadas. A que ven, tocaralles descansar.

Redacción Salnés