Cen operarios encargaranse da limpeza do Camiño Portugués

PONTEVEDRA> A Deputación arranca este luns o acondicionamento do Camiño Portugués a Santiago. O ente ven de contratar a 100 operarios, que durante seis meses se encargarán das tarefas de limpeza da ruta. Esta mañá, os traballadores recibiron o equipamento necesario para o seu labor.

 

Cen operarios encargaranse do acondicionamento do Camiño Portugués ao seu paso pola provincia de Pontevedra. Os traballos arrancarán o vindeiro luns, aínda que se prolongarán durante seis meses para garantir que o percorrido se atope en perfecto estado.

Doce concellos beneficiaranse destas actuacións, que contribúen ademais a reducir as listas do paro na provincia.

Esta é unha das partes do proxecto conxunto que Deputación, os 12 concellos da ruta e a Xunta están a levar a cabo para a consolidación definitiva do Camiño Portugués; un fin para o que a administración provincial investirá un millón de euros.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/29/limpeza_camino_portugues.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/29/limpeza_camino_portugues.mp4{/flowplayer}