Fonda preocupación na ría de Arousa pola escaseza de berberecho

    BARBANZA> A especie, clave para o sector marisqueiro, veuse gravemente afectada no 2012 pola marteilia e dende aquela apenas ten presenza nas lonxas. Cada vez é máis complexo atopar nos mercados da zona berberecho. Ou se o hai a súa calidade é tamaño é inferior a de hai anos, nos que a presenza desta especie era abundante. Na maioría dos pósitos da ría de Arousa existe unha certa preocupación por este asunto. Ninguén se explica as razóns que puideron levar á súa desaparición case por completo, aínda que culpan desta situación ó mal estado da Ría, especialmente polo seu deficiente saneamento. En pósitos como o do Pobra do Caramiñal van máis alá ó sinalar que levan máis de dez anos sen ver cantidades importantes desta especie. Os patróns maiores da zona teñen previsto tratar este asunto na xuntanza que manterán mañá en Carril. Na súa man, coa axuda da consellería do Medio Rural e do Mar, está volver a recuperar de novo esta especie na Ría.