Os veciños da Pedreira volven reclamar a dotación de servizos básicos neste núcleo

    POBRA > Un grupo de veciños do lugar da Pedreira vén de amosa-lo seu malestar pola falla de servizos existentes no núcleo.

    A pesar de terllo solicitado en máis dunha ocasión, polo de agora aínda non obtiveron unha resposta positiva dende o equipo de goberno. Cansos xa de tanta espera, decidiron denunciar a súa situación ós medios de comunicación co fin de que se lles escoite e se lles dea unha solución ós seus problemas.

    Agravio comparativo

    Ademais do mal estado do vial que da acceso ás súas vivendas os veciños da Pedreira síntense totalmente abandonados polos responsables municipais, xa que apenas dispoñen dos servizos necesarios. Quéixanse de que non dispoñen de suficientes contedores de lixo e de que o alumeado público é tamén deficitario. Unha situación ben diferente á dos veciños que viven no casco urbano.

    O grupo municipal do PSOE fíxose eco tamén desta demanda, agardando a que o executivo local decida incluir esta actuación no Fondo de Inversión Local. De non ser así non descarta presentar unha iniciativa plenaria solicitando a mellora deste núcleo.

    Redacción Barbanza