O V Portus Apostoli converte a Noia esta fin de semana na capital do fútbol Sala

NOIA> Marcado acento galego na quinta edición do Trofeo Portus Apostoli que se celebrará esta fin de semana en Noia. Xunto ó club local, tomarán parte o Parrulo Ferrol Fútbol Sala e o Burela Pescados Rubén así como o Palma Futsal.

O venres ás cinco e media disputarase o primeiro partido entre O Parrulo e o Burela que dará paso ó encontro entre os dous equipos de primeira división.

Dende o Palma Futsal agradeceron ó concello de Noia que unha vez máis conte co club para participar neste torneo que pon de manifesto a aposta do municipio por este deporte ó máis alto nivel.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí