O PSOE culpa ó executivo da inseguridade cidadá polo conflito coa Policía Local

    psoepolicialocal_100_140109.jpgPOBRA > O PSOE da Pobra vén de dar a coñecer as dúas últimas sentenzas desfavorables ó concello no conflito que mantén coa plantilla da Policía Local.

    {flowplayer}barbanza/psoepolicialocal.flv{/flowplayer}

    A primeira das sentenzas feita pública polos socialistas da Pobra está datada o pasado 8 de outubro. Nela condéase o concello a aboar ós axentes da Policía Local as diferenzas retributivas adebedadas en concepto de complemento de produtividade na contía en que se determine por cada un deles en execución de sentenza.

    A segunda data do 29 de decembro de 2008, e nela solicítase a anulación da resolución da Xunta de Goberno Local pola que se modificaba o cadro de vacacións.

    Segundo os socialistas os verdadeiros prexudicados por este problema son os propios veciños da Pobra que están a vivir un incremento da inseguridade cidadá.

    Redacción Barbanza