Zanfonistas de toda España daranse cita no Encontro de Rianxo

RIANXO> O concerto ambulante desenvolvido polas prazas e rúas de Rainxo supón o pistoletazo de saída para o decimo cuarto encontro internacional da zanfona. Trátase do único festival temático sobre este instrumento en toda a península ibérica, razón pola cal atrae cada vez máis afeccionados. Tralo aperitivo, o forte do festival arrancará o venres cos concertos de dous referentes neste instrumento. O sábado 7 será o Baile Assalto con Mala Herba e Óscar Fernández como artista convidado e o domingo terá lugar unha xornada de convivencia no peirao de Setefogas , con actuacións abertas e unha foliada. Haberá ademais cursos non só de zanfona senón tamén de regueifas e de baile.