A loita pola permanencia centra a atención na Terceira

futbol250_130309.jpgSALNÉS> Tras desvoncar o parón, os xogadores do Arousa sí se presentarán no importante encontro do domingo ante o Coruxo. Tamén haberá que estar pendente ó resto de equipos do Salnés con especial atención ó Portonovo que quere rachar coa xeira negativa de case catro meses sen gañar.

Domingo ás 17:00.  A esa hora dispútanse oito partidos esta fin de semana como claro síntoma de que xa temos entrado no último tramo ligueiro e os resultados doutros campos son tan importantes como o propio. Con Céltiga e Vilalonga nunha zona tranquila, os que se están a xogar o todo polo todo son Arousa e Portonovo.

Na Lomba quérense esquencer canto antes de todo o extradeportivo e centrarse no partido ante o Coruxo, ó que finalmente sí se presentarán. Jonathan volve ó equipo, Santos aínda non está recuparado, e todo o plantel desexa unha victoria para reivindicarse e continuar a pensar en que a salvación é posible.

O Portonovo terá unha partido clave ante un rival directo como o Ordes, un conxunto chamado a comezo de temporada a estar entre os grandes pero que ó final víuse obrigado a loitar por obxectivos máis humildes. É certo que é un conxunto con moita calidade de mediocampo cara arriba. Marcos Canle perderá esta semana a Miguel, por sanción. O adestrador vigués confía en poder revertir esta situación canto antes, e que mellor lugar para facelo que en Vista Alegre.

O Céltiga pola súa parte desprázase ata ó Roxo para xogar ante o Cerceda. Os de Josiño Abalde comezan así o seu particular "Tourmalet" de tres semamas: Cerceda, Compostela e Ourense marcarán boa parte das aspiracións do conxunto da Illa este ano. Enfronte este domingo non terá un rival sinxelo nin moito menos, candidato a meterse ó playoff, é un dos planteis máis fortes do grupo galego da terceira. C

on todo, os dous equipos preséntase con moitas baixas: nos locais, Bautista, Antonio e Aitor Díaz non estarán por sanción. O Céltiga pola súa parte viaxa en cadro, con 16 xogadores e non todos eles ó cen por cen, caso de Taja ou Albert. Perderanse o partido seguro Camiño, por sanción, e Fran Matos e Victor, por lesión.

Josiño quere sobre todo, que non se repita a primeira metade do domingo pasado e ver ó seu equipo enchufado dende o inicio no Roxo.

Outro dos que teñen opcións de engancharse á parte alta é o Vilalonga, que tras sumar 10 dos últimos 12 puntos posibles xa están máis preto do playoff que do descenso. Pero é que, como xa sucedera hai quince días ante o Santa Comba, a enfermería de San Pedro está chea. Luismi, Puime, Chicho e Diego Blanco están lesionados. Quito perderase o encontro por sanción e Roberto Pazos, aínda tocado no xeonllo, verá o partido dende o banquiño.

 Ademais da propia importancia dos tres puntios para eles, o Pontevedra B é un rival directo de Portonovo e Arousa pola salvaciíon, así que os celestes poderían facerlle un favor ós seus veciños.

Redacción Salnés