Céltiga – Verín ou a loita por evita-lo descenso

futbol250_220208.jpgSALNÉS > Interesante xornada futbolística. Céltiga e Vilalonga xogarán o domingo na casa mentres que o Arousa desplázase ata Ordes e o Portonovo visita o complicado campo do quinto clasificado, o Coruxo.

{flowplayer}images/salnes/futbol_220208.flv{/flowplayer} 

Co Vilalonga lonxe do playoff, o Arousa a piques de acada-la permanencia e o Portonovo saíndo do pozo, esta semana as miradas centraranse no que suceda no Salvador Otero, onde o Céltiga recibe ó Verín coa necesidade imperiosa de sumar tres puntos. O técnico Manuel Núñez recupera a Edgar e Miguel tras cumplir sanción pero Chiki, Manuel, Gelo e Cholo son seria dúbida por diferentes problemas físicos. De tódolos xeitos o partido afróntase con moita moral despois da victoria en Santa Comba da pasada semana.

As vindeiras sete xornadas serán clave, fundamentalmente porque se enfrontan a seis rivais directos por eludi-lo descenso. Agora son precisamente seis os equipos que están metidos nun marxe de seis puntos, polo que ninguén se pode despistar.

Por outra banda un renovado Portonovo visita ó Coruxo. Os de Piscis quererán demostrar de novo que continúan en liña ascedente e acadar unha victoria nun dos campos máis complicados desta división.

Mentres o Vilalonga recibirá o domingo en San Pedro e 17 horas ó Santa Comba, que quererá resarcirse da derrota sufrida a pasada semana na casa.

O Arousa, tamén ás 17:00 visitará o campo do Órdenes, equipo que non atravesa polo seu mellor momento tras perder os últimos dous partidos.

A xornada complétase en Preferente Autonómica cos partidos Arenteiro – Ribadumia e Pontellas – Union do Grove.

Redacción Salnés