Detido o presunto autor do roubo da maquinaria da brigada de obras

    POBRA> O valor do material roubado, cuxa maior parte aínda non foi recuperado, ascende a uns dez mil euros. As pesquisas realizadas nos últimos días pola Garda Civil de Boiro permitiron a detención dun veciño da Pobra de 38 anos coma presunto autor do roubo de distinto material de obras pertencente a brigada municipal que se atopaba almacenado nas instalacións de San Antón. Entre a maquinaria roubada atopábanse varios taladros e desbrozadoras. O valor da maquinaria roubada ronda os dez mil euros. A maior parte dela aínda non foi recuperada, polo que o concello tivo que mercar outra nova para que os operarios municipais puideran seguir desenvolvendo o seu traballo. O detido, que conta con numerosos antecedentes por feitos similares, xa pasou a disposición xudicial nos xulgados de Ribeira, que decretou a súa posta en liberdade á espera de xuízo. Aínda así a Garda Civil continúa coas investigacións, para dar coa ferramenta aínda desaparecida, e localizar ós posibles cómplices, xa que se sospeita que puido ter colaboración de máis persoas na realización do delito.