Partido trampa en Palencia

    BOIRO> O Boiro viaxa esta fin de semana á casa do pechacancelas da categoría con tan só dez puntos, seis menos que os boirenses. O Club Deportivo Boiro viaxa este próximo domingo a terras castelás para enfrontarse ó Palencia. Un rival que ocupa actualmente a última praza deste grupo primeiro da Segunda División B con tan só dez puntos. Trátase pois dun partido trampa, no que os boirenses non deben confiarse. Despois da dura derrota na última xornada ante o Racing de Santander, co que caían por cero goles a un no tempo de desconto, os de Fredi Álvarez sairán a por todas neste partido coa finalidade de traerse os tres puntos. Tratando de seguir así a boa liña de resultados das últimas xornadas coa finalidade de ir asestándose nos postos fóra de perigo. Polo que respecta ó resto de equipos galegos nesta categoría destacar nesta xornada os dous derbis galegos, que enfrontarán por unha banda ó pontevedra en Pasarón co Somozas e o Celta B co Coruxo. Mentres que o Racing de Ferrol terá un duro rival, a Cultural Leonesa, actual líder da categoría.