Máis de 500 remeiros participarán no Campionato de España de Bateis que se celebra na Pobra

A POBRA> A Pobra converterase a finais de mes no epicentro nacional do remo. Tralo campionato provincial celebrado a pasada fin de semana e o autonómico  previsto para esta sábado e domingo, a localidade barbanzá acollerá o campionato de España de bateis os días 27 e 28 de abril.

No 40 aniversario da súa fundación, o club de remo da Pobra fará historia organizando os campionatos de bateis a nivel provincial, autonómico e nacional.

É a primeira vez que o campionato de España se desenvolve nunha localidade do Barbanza. Reunirá durante a fin de semana do 27 e 0 28 de abril a máis de 500 deportistas, de 35 clubs dende as categorías inferiores ata absoluto.

As federacións galega e española de remo agardan que a cita deportiva sexa un éxito, tras comprobar a gran capacidade organizadora do club no campionato provincial desta pasada fin de semana.

O club conta co apoio do concello da Pobra e da Xunta de Galicia que pretenden acadar o mellor resultado nunha cita deportiva que acada xa a súa 81 edición.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí