Unha nova actuación mellorará os accesos e o aparcamento no areal de Coroso

    RIBEIRA> A Axencia de Turismo de Galicia vén de concederlle unha subvención ó concello de Ribeira por un importe de preto dos 35 mil euros para a realización dunha actuación de mellora no acceso e no aparcamento na praia de Coroso. A axuda enmárcase nunha liña de achegas dirixida ó fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos. A actuación, que ten por obxecto ampliar o ancho da calzada para que os vehículos poidan circular en ambos sentidos e construir novas beirarrúas, terá un custe duns 60 mil euros, polo que a diferenza ata completar a totalidade do presuposto deberá ser asumida polas arcas municipais.