O GAC 4 presume de resultados tras cinco anos de proxectos

    NOIA> O Grupo de Acción Costeira de Porto do Son a Fisterra presentou os resultados do programa de actividades desenvolvido ó longo dos últimos quince anos. Varios emprendedores, beneficiarios das axudas dos GAC, expuxeron as súas experiencias como garantía de éxito das iniciativas nacidas ó abeiro deste plan. As cifras avalan o éxito do programa desenvolvido polo GAC 4 nos últimos anos nos que se investiron máis de cinco millóns de euros en proxectos vinculados ó mar e á pesca. No acto de peche do programa, varios emprendedores do ámbito da hostalería, a industria ou os produtos pesqueiros, deron a coñecer a súa experiencia para animar a futuros emprendedores interesados en implantarse en Galicia. Non só ó público asistente ó acto celebrado no edificio do GAC de Noia senón a todos aqueles que puideron seguir estar xornadas por streaming. Unha vez finalizado o programa, o GAC de Porto do Son a Muros traballa xa no deseño dunha nova candidatura coa que optar á convocatoria das novas liñas de axuda dos Grupos de Acción Costeira, financiados con fondos europeos.