Os alumnos do colexio Julia Becerra crean un moisaco para concieciar sobre o cambio climático

RIBADUMIA> Un mosaico para loitar contra o cambio climático. A obra lévaa a cabo o alumnado do colexio Julia Becerra de Ribadumia con refugallos. Nela incluirase o nome do centro e un debuxo creado por unha alumna.

No CPI Julia Becerra Malvar lanzaron este ano un proxecto para mentalizar ó alumnado sobre o cambio climático. Ó longo de este curso e en todos os niveis, traballaron para que os escolares tomasen conciencia das causas e consecuencias desta problemática e como prevela.

Dentro deste proxecto o alumnado realizou diferentes actividades como: estudar os orixes, causas e consecuencias deste fenómeno; facer catálogos de comportamento; ler noticias xornalísticas relacionadas ca materia e incluso un seguimento do proxecto “Compromiso por la tierra” de Chus Lago no Lago Baikal. Para finalizar esta tarefa, decidiron crear un mosaico  con azulexos  que ían ser rexeitados.

Ademais do nome do centro, o mosaico incluirá un debuxo que foi creado por unha alumna de 1º de ESO.

O director do centro asegura que o proxecto está resultando positivo e que os escolares móstranse moi participativos. Seguirán traballando en novas tarefas para continuar concienciando ós máis mozos.