PONTECESURES> 150 lampreas para preto de 500 menús degustación. Pontecesures xa ten todo listo para celebrar a renovada vixésimo quinta edición da Festas da Lamprea. Unha carpa con mesas e cubertos e tres elaboracións distintas de lamprea son as grandes novidades deste festexo.
Pontecesures xa ten todo listo para celebrar a vixésimo quinta edición da festa da lamprea. Unha edición que o concello renovou para impulsar o seu evento gastronómico. A pesar do alto prezo do produto, o concello conseguiu merar 150 lampreas para poder elaborar preto de 500 menús degustacións.
Esta edición renovará por completo a festa. A principal novidade é que o menú degustación incluirá 3 elaboracións.
Outra novidade é que na carpa da festa, a xente poderá degustar a lamprea en mesas e con cubertos.
A festa tamén incluirá un showcoking e actividades para nenos. A previsión do concello é que máis de 3000 persoas acudan a Pontecesures nesta fin de semana de San Lázaro.
Finalmente no haberá reserva previa e a venda de menús farase na contorna da carpa.