
O SALNÉS> Falámoslles agora de dous incendios que tiveron lugar nas últimas horas nas Rías Baixas. O primeiro deles o incendio dunha cociña no Grove por mor dun despiste cunha tixola e o segundo o incendio dun alpendre esta mañá en Caldas.
Dúas persoas tiveron que ser atendidas onte no Grove a consecuencia da inhalación de gases tras un incendio na súa vivenda. Os feitos ocorrían as cinco menos cuarto da tarde no lugar de Borreiros; na rúa Juan vintetrés, en pleno casco urbán do Grove. O parecer nai e fillo estaban na vivenda cando ó esquecerse dunha tixola que había no lume; prendeu a campá extractora e as lapas afectaron a varios mobles da cociña. De inmediato os axentes de Protección Civil conseguiron apagar as lamas e arrefriar a zona. Pola súa banda, a Policía Local encargábase de asegurar a contorna, co fin de evitar males maiores. O outro incendio das últimas horas tiña lugar esta mañá ás sete menos cuarto nun alpendre da parroquia de Godos. Foron os bombeiros do Salnés os encargados de evitar que o lume chegase á nave lindeira onde refuxiaban ós animais. Neste caso non houbo máis que danos materiais. Ate o de agora descoñécese a causa que puideron provocar o incendio.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/04/incendio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/04/incendios_caldas_grove.mp4{/flowplayer}










