Educación comprométese a renovar o colexio de Carril, pero advirte de que se fará por fases

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/05/conselleiro_educacion_carril.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/05/conselleiro_educacion_carril.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> Xa estamos coa conta atrás para que dea comezo o novo curso escolar, e colexios e Consellería de Educación están a ultimar os preparativos. Hoxe, o responsable do departamento, Xesús Vázquez, visitou o colexio plurilingüe Rosalía de Castro, en Carril.

Xesús Vázquez comprobou sobre o terreo o estado das obras que se están a desenvolver no colexio Rosalía de Castro. Os traballos consistiron no cambio da cuberta, unha actuación que contou cun orzamento de máis de 80 mil euros, dos que o concello aportou 30 mil.

O compromiso da consellería é seguir traballando para avanzar no acondicionamento do centro, que xa ten 43 anos.

O alcalde da vila agradeceu este compromiso. Tomás Fole destacou a dificultade do momento económico para facer este tipo de inversións.

Segundo o conselleiro, nos cinco anos de goberno popular da Xunta de Galicia, investíronse máis de 1,3 millóns de euros en obras nos centros educativos de Vilagarcía.