O paso da volta ciclista pola Provincia de Pontevedra será unha festa

O SALNÉS> Faltan cinco días para que a Volta Ciclista a España chegue á Provincia de Pontevedra. Farao en dúas etapas o xoves e o venres; días para os que a Deputación prepara varias actividade promocionais e musicais para facer destes dous días unha festa.

Todo esta listo na Provincia de Pontevedra para as dúas etapas da Volta Ciclista que pasarán por estas terras. A primeira etapa pontevedresa, a décimo oitava da Volta, sairá da Praza de Galicia da Estrada ás doce da mañá e rematará en Meis, no Monte Castrove, fronte ó Campo de Golf, ás 17.30 horas. O trazado deseñado para esta etapa prevé que ás 16,05 horas cheguen os ciclistas a Sanxenxo, de aí dirixiranse a Combarro (16,20 h), Poio , Pontevedra,Poio novamente (16,41), subida á Escusa (16,46) ata o Alto do Monte Castrove (16,55 h) e, desde aí, dirixirase a O Busto (Meis), Samieira; e novamente Combarro; San Xoan de Poio; A Escusa e meta no Monte Castrove. O venres a volta sairá ás 11.30 da mañá desde a Praza do Concello de Salvaterra. Consciente de que o día que pasa a Volta polo Salnés é cando comezan as clases, o Presidente da Deputación Provincial fai un chamamento para que os colexios faciliten que os nenos poidan ver o paso deste evento deportivo de primeiro nivel. A meirande parte do percorrido está marcado por bandeirolas promocionais da Deputación. Amais, a Deputación de Pontevedra argallou catro espectáculos musicais co fin de redondeadar esta festa do deporte. Así, o mércores 10 actuará a Orquestra Panorama no Campo da Feira da Estrada; o xoves actuará a Orquestra París de Noia no Campo da Feira de Mosteiro; o venres de novo a Panorama tocará no recinto do Castelo de Salvaterra e o DJ e productor musical Carlos Jean dará un concerto na explanada de Ojea de Cangas. Con estas accións a Deputación intenta promocionar o turismo na diáspora aproveitando o tirón mediático que ten este evento deportivo. Neste senso, Turismo Rías Baixas e Turismo de Galicia desenvolverán unha campaña publicitaria na rede de metro de Madrid destinada a atraer a atención dos habitantes da capital cara a Galicia no final desta Volta.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/05/volta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/05/louzan_paso_volta_ciclista.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí