Reclaman un cambio na xestión dos bancos de libre marisqueo

    POBRA> O actual patrón maior da Pobra do Caramiñal, Juan Miguel Iglesias, incide na necesidade dun cambio no actual modelo de xestión. Segundo el sería a única saída posible de cara a mellorar a situación dos profesionais que traballan neles. Apenas transcorridos dous meses dende a súa toma de posesión coma novo patrón maior da Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal, Juan Miguel Iglesias, volve a liderar unha vella reclamación do pósito pobrense como é un cambio na xestión dos bancos de libre marisqueo. Segundo el esta sería a única posibilidade de mellorar a súa produtividade. O novo patrón maior pobrense trasladaralle a súa proposta ó resto de patróns maiores da Ría, de cara a tomar unha decisión ó respecto.