Encher as mochilas sairá máis caro que o ano pasado

    BARBANZA> Co regreso ós colexios á volta da esquina, numerosos pais e nais apuran as compras co obxectivo de equipar ós rapaces para un novo curso. Datos do Instituto Nacional de Estatística apuntan que, en comparación co ano pasado, sairá máis cara a compra de libros, material escolar e roupa.

    Chega o mes máis temido para moitas familias con nenos nas casas. Aprovisionar as mochilas este ano sairá, de media, 25 euros máis caro por estudante. A escandalosa cifra ascende xa a 723 euros sumando libros, cadernos, estoxos e un sen fin de necesidades. Os tempos de crise obrígannos a alongarlle a vida a moitos produtos ou intercambialos con outras persoas. A pesar do troque de libros e material escolar, os libreiros da comarca do Barbanza non notan excesivamente unha baixada de vendas, xa que a chegada da LOMCE a 1º, 3º e 5º de primaria, impide reutilizar os libros do ano pasado. O custe dos libros abarca entre o 30 e o 50% do inicio escolar e encarécese segundo aumenta o curso e a cantidade de materias. Tendo en conta este aspecto, están de sorte os pais, cuxos fillos, estudarán dixitalmente este ano.

    2 COMENTÁRIOS

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí