As festas invaden as comarcas de Barbanza e Muros-Noia

    BARBANZA> Moitos foron os que se achegaron ata a Alameda de Noia para degustar exquisitas empanadas, aínda que a xornada dominical estivera pasada por auga. A gran carpa instalada, para a exaltación anual, acolleu música de gaiteiros e unha concentración de artesáns da vila, que deron conta do gran traballo que realizan. En Boiro, concretamente en Vilariño, decenas de devotos acompañaron á Virxe de Loreto na tradicional procesión que se celebrou onte. O broche final púxoo a música e o baile tradicional. Máis multitudinaria foi a procesión da Virxe do Carme celebrada hoxe en Porto do Son. Numerosos veciños e veciñas se achegaron ata a carpa, instalada na zona portuaria, para ser partícipes da misa oficiada polo arcebispo Julián Barro.