ICBoiro cualifica de dispendio o asfaltado da avenida Constitución

    BOIRO> Critican que Xoán Xosé Dieste non invista en arranxar outros puntos máis necesitados, como por exemplo as pistas das aldeas do municipio.

    O concello de Boiro está executando o asfaltado da céntrica avenida da Constitución. Esta obra era solicitada por parte da veciñanza pero hai quen non a ve con bos ollos. Entre os principais opositores está o ex alcalde, Manuel Velo, e a voceira de Iniciativa Cidadá, Begoña Díaz. Segundo eles é un dispendio realizar un investimento semellante nun tramo que estaba en perfectas condicións. Consideran que o goberno, do Partido Popular, está executando obras sen ter claras as prioridades que necesita o municipio, porque apuntan, hai outras vías que están pedindo a gritos unha mellora. Díaz e Velo denunciaron o abandono da praza da Mancomunidade, onde a vexetación mostra falta de mantemento, e onde escasea a iluminación polo avaría dos farois. No parque da Cachada tampouco se repuxeron as lámpadas rotas e iso que xa quedan poucas. Desde Iniciativa Cidadá din non comprender os criterios utilizados polo goberno local á hora de investir nas distintas obras, polo que cualifican así a xestión dos populares.