A Creba conmemora en Noia o Día Mundial da Saúde Mental

NOIA> A asociación A Creba conmemorou hoxe na alameda de Noia o Día Mundial da Saúde Mental.

Durante o acto, no que tamén tomaron representantes municipais e alumnos de varios institutos da localidade, deuse lectura a un manifesto no que se incidía na necesidade de facer reflexionar á sociedade sobre a importancia de falar de saúde mental

O acto desta mañá súmase a unha ampla programación que a entidade está a desenvolver ó longo de todo este mes de outubro na que se inclúen campañas de sensiblización nos colexios e tamén unha andaina, entre outras actividades.

Trala lectura dun manifesto, o acto pechouse cunha actuación musical do grupo tradicional ‘Sons da Ría’.