A conselleria de Política Social visita o campo de voluntariado ambiental de Amicos

RIBEIRA> Na visita destacou a importancia deste tipo de iniciativas promovidas pola Xunta que conxugan lecer coa realización de tarefas medioambientais.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, achegouse esta mañá ata a praia da Corna, en Palmeira, para coñecer o traballo que viñeron desenvolvendo os participantes no campo de voluntariado ambiental que desenvolve a asociación Amicos dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Fabiola García destacou a importancia desta iniciativa, na que os participantes, entre os que se atopan persoas con diversidade funcional, conciéncianse do valor do patrimonio natural de Galicia, e contribúen a protexelo ó tempo que comparten unha experiencia coa que gañan autonomía.

Na iniciativa participaron ó redor dunha ducia de mozos de entre 18 e 30 anos realizando tarefas de conservación e limpeza en diferentes localizacións. Ademais da Praia da Corna, tamén levaron a cabo actividades destinadas á conservación do medio ambiente no Parque Natural de Corrubedo, en Carril e nas Illas de Sálvora e Ons.

A Xunta de Galicia puxo en marcha este verán unha campaña actividades de ocio seguro e responsable con tódalas garantías de seguridade, ofertándonse máis de 7.800 prazas entre campamentos e campos de voluntariado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí