Novas testemuñas sitúan a Diana Quer no Porto de Taragoña

    POBRA> Novas testemuñas situarían a Diana Quer no Porto de Taragoña, a noite da súa desaparición. Segundo estas novas informacións a moza chegou sobre as tres da madrugada nun vehículo acompañada de varios homes.

     

    A piques de cumplirse 60 días da desaparición de Diana Quer, varias testemuñas, que declararon a semana pasada en diferentes cuarteis da garda civil, coinciden ao afirmar ter visto á rapaza a madrugada do 22 de agosto no Porto de Taragoña. Segundo publica La Voz de Galicia, os datos que aportan estas persoas concorda coa hipótese que os investigadores xa manexaban. Lembremos que o teléfono móbil de Diana deu sinal por última vez nun repetidor da localidade de Taragoña ás catro e cuarto de madrugada. Segundo estes últimos testemuños, unha moza de características similares a Diana, chegou ao porto deste parroquia rianxeira nun vehículos acompañada Boutros tres individuos. Aquí agardaba un segundo vehículo, cun home dentro, no que aparentemente a moza entrou de forma voluntaria. Os declarantes describen a este último individuo como unha persoa con “mala pinta”. e levaría xa unha hora agardando neste peirao, dentro do vehículo, antes de que chegara o outro coche cos catro ocupantes, o condutor, a rapaza e outros dous homes. Segundo publica o xornal estas novas testemuñas non viven na zona, onde estaría pasando as súas vacacións.