Rianxo prepárase para a súa semana grande

    RIANXO> As festas da Guadalupe desenvolveranse do 12 ó 19 de setembro.

    Cada ano, Rianxo supera o numero de visitantes nas súas festas da Guadalupe. Concello e asociacións traballaron arreo durante todo un ano para ofrecer unha ampla e suculenta programación que satisfaga á maior parte do público. Música e baile tradicional, orquestras de nivel e xogos populares mantéñense un ano máis. Entre as principais novidades destaca o Quinto Encontro de Santuarios, Confrarías e Irmandades de Nosa Señora da Guadalupe. Este ano a anfitrioa será a vila rianxeira. Outro importante reclamo nestas festas é o Feirón Mariñeiro, que xa vai pola súa décimo primeira edición. Será ó longo do xoves 18 no casco vello de Rianxo. O público máis novo gozará, o sábado 13, da mellor música galega no Rock in Rian. Medomeda, Forraje, Dios que te crew e Ruxe Ruxe farán vibrar o parque Galicia. As festas rematarán o venres 19 coa tradicional noite de bengalas. Os organizadores esperan que o bo tempo lles acompañe.

    Comments are closed.