San Roque centrará o turismo activo no Barbanza cun parque de aventura

    RIBEIRA> Esta semana comezaron os traballos do Parque de Aventura Arbóreo Ecosaudable que se vai situar no Periurbano de San Roque a cargo da empresa adxudicataria desta actuación, Kongo Bongo S.L.. Na zona de merendeiros xa se situaron unhas plataformas de madeira suspendidas das árbores que formarán parte dos xogos do novo parque de aventura co fin de que San Roque se converta nun lugar de referencia para toda a familia en canto ódisfrute do turismo activo e actividades de aventura. A execución do proxecto foi adxudicada á citada Kongo Bongo, S.L., por un importe que ascende a 79.285,25 euros. A actuación está cofinanciada con fondos Leader e o prazo de realización é dun mes. O parque ecosaudable estará constituído por un circuíto previo sobre chan de quentamento e explicación do funcionamento do parque e outros tres circuítos dispostos sobre árbores: dous de carácter familiar para o disfrute conxunto de adultos e nenos e un circuíto deportivo con xogos de maior dificultade. Entre os elementos que o conformarán figuran unha ponte de rede, unha pasarela inglesa, un ponte xaponés, cinco tirolinas, un ponte vía ferrata, un ponte amazónico, escaleira de cordas, paso de lianas, balanzas colgantes e outras estruturas idóneas para o disfrute dos usuarios.