NOIA> Segundo explicou o alcalde, Santiago Freire, a construción da nova EDAR é un dos pasos de actuación marcados polo Plan Director de Saneamento do municipio.
Trátase dunha actuación moi necesaria que superará os dez millóns de euros de investimento e que se vería materializada ó longo dos tres próximos anos.
Pero este non será o único investimento que se levará a cabo no municipio para a mellora do tratamento das augas e as condicións de vertido á Ría.
Segundo o rexedor Augas de Galicia ten previsto acometer nos vindeiros meses outra actuación para optimizar a actual depuradora.
Estes dous proxectos súmanse as numerosas actuacións realizadas nos últimos anos de cara a mellorar o saneamento no municipio, ampliando a rede xeral, coa instalación de novas redes de colectores en todo o termo, e poñendo tamén en servizo bombeos, obras todas elas financiadas con fondos municipais e tamén con achegas tanto da Deputación como da Xunta.