O Salnés volve volcarse coa Volta

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/11/volta_salnes_2014.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/11/volta_salnes_2014.mp4{/flowplayer} 

 

O SALNÉS> Había unha gran expectación e as Rías Baixas non defraudaron. A décimo oitava etapa da volta ciclista a España concluía pasados apenas tres minutos das cinco e media da tarde cunha subida espectacular ó Monte Castrove. Un alto de segunda categoría que os corredores tiveron que subir dúas veces e que asinaron cunha meta de infarto que se lebou o italiano Fabio Aru. Segunda vitoria de etapa para Aru, que arrancou nos últimos segundos ó británico Froome, e que voou trece segundos por diante dos españois Valverde, Rodríguez e Contador. Malia todo, este último mantén o maillot vermello da Volta.

A Volta Ciclista a España despediuse do seu paso polo Salnés mantendo a Alberto Contador como líder da competición. O de Pinto volveu vestir o maillot vermello, aínda que non foi el quen cruzou en primeiro lugar a liña de meta despois da subida ao Monte Castrove. 

Nos últimos segundos, o italiano Fabio Aru adiantaba a Chris Froome e, sacando trece segundos a Valverde, Rodríguez e Contador, asinaba a súa segunda vitoria de etapa.

Pouco despois das 5 e media da tarde concluía esta décimo oitava etapa, que dende a súa saída da Estrada, levou o pelotón por Cuntis, Caldas, Pontecesures, Catoira, Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo, Poio e Pontevedra, ata pechar o percorrido en Meis. No Monte Castrove agardaban moitos veciños, un poucos afeccionados ao ciclismo e moitos curiosos, que gozaron do espectáculo a pesares da calor.

Tampouco perdeu o paso da Volta pola comarca o presidente da Deputación. Rafael Louzán celebrou a acollida que tivo a competición.

A Deputación aproveitou a ocasión para inaugurar un monumento conmemorativo do paso da Volta Ciclista polo Castrove.