BARBANZA> Un total de setecentos sesenta e oito mil euros. Esta será a cantidade que a Xunta investirá este ano nos concellos do Barbanza e Muros-Noia con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e os fondos propios da Orde de Infraestruturas. Entre as actuacións máis importantes destacan a mellora da tubaxe de adución existente entre a captación de Valiantes e a ETAP en Porto do Son cun investimento de máis de oitenta e un mil euros. Na Pobra, case sesenta e cinco mil euros irán destinados á construción dun centro de recollida de animais e a contratación dun técnico de medio ambiente. En Muros, realizarase un proxecto de obra de mellora da eficiencia enerxética na avenida Castelao, cun presuposto de case cincuenta e sete mil euros. Estas subvencións correspóndenlles ós concellos que teñen no seu territorio municipal algún parque eólico. Unhas axudas orientadas á conservación da biodiversidade e o uso sostible das enerxías renovables.
Inicio BARBANZA