Os portos deportivos de Arousa estarán presentes este ano de xeito conxunto nun dos salóns de náutica máis importantes do mundo: o da Rochelle, en Francia. Baixo o paraugas de Portos de Galicia e a Axencia Galega de Turismo, a delegación galega buscará estreitar contactos e ampliar negocio. Do mércores ó venres da semana que vén celébrase en Francia un dos salóns de náutica con maior prestixio a nivel internacional, o gran Pavois de La Rochelle. O sector da náutica recreativa galega volverá esta edición como o fixo a pasada, e faráo en conxunto, baixo o paraugas de Portos de Galicia e a Axencia de Turismo de Galicia. O de Pedras Negras do Grove, no que se celebrou esta presentación, o de Boiro, Sanxenxo… e así ata completar a lista de tódolos portos deportivos de Galicia que aunarán forzas para expoñer a oferta náutica da nosa comunidade e abrir nichos de negocio. Total Á marxe dos contactos empresariais que se realizarán como parte do salón, Portos de Galicia deseñou unha programación en paralelo con encontros institucionais, presentacións públicas, recepcións a colectivos e institucións náuticas do sur de Francia interesadas en estreitar contactos comercias con Galicia ou unha reunión cos socios do programa europeo NEA3. Total Con máis de mil metros cadrados de superficie de exposición, o salón da Rochelle contará coa participación de preto de 860 expositores de 35 países, cunha cobertura xornalística de máis de douscentos profesionais que se farán eco da cita en todo o mundo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/12/nauticarochelle.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/12/PORTOS_PROGRAMA_ROCHELLE.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas