Venecia prepárase para unha nova tempada de fútbol sala

POBRA> O polideportivo pobrense de Venecia acollerá, na tempada 2014-2015, a décimo quinta liga local de fútbol sala. Esta liga, organizada polo Club A Portela e a concellería de Deportes da Pobra do Caramiñal, vai dirixida á categoría Veteranos, que comprende aqueles nados no 1985 e anteriores. O sorteo de equipos realizarase o día 8 de outubro e ó día seguinte xa arranca a liga ca primeira xornada. Aqueles interesados en participar xa poden inscribirse.