O Vilalonga paga cara os seus erros ante o Vilalbés

SALNÉS> Mala xornada para os equipos do Salnés na Terceira Dvisión. Malia a boa imaxe amosada no Couto o Sanxenxo perdeu pola mínima fronte ó Ourense mentres que o Vilalonga caeu na casa ante o Vilalbés por 0-2.

{flowplayer}images/salnes/Terceira_050911.flv{/flowplayer} 

Primeiro partido na casa e primeira derrota para o Vilalonga que enfrontábase a un Vilalbés coñecido polo seu gran rendemento coma visitante.

O arranque dos de Gabi Leis foi esperanzador, cuns primeiros dez minutos nos que impuxeron un alto ritmo de xogo e no que dispuxeron de claras ocasións de gol nas botas de Anxo, Saúl e Jesu. Conforme os minutos ían pasando o encontro foise igualando e nesas o Vilalbés estivo máis cómodo. Os lucenses agardaban no seu campo ben replegados, esperando unha contra ou unha xogada a balón parado que lles puidese dar os tres puntos.

O primeiro tanto chegaría ó cuarto de hora do segundo tempo, nunha xogada na que os celestes reclamaron falta e que acabou co coiro dentro das mallas grazas á boa definición de Rafita ante Pazos.

Con ese marcador ó Vilalbés sobráronlle argumentos para pecharse aínda máis. As forzas dos celestes comezaron a fraquear e nunha contra, ós 75 minutos, chegou a sentencia co 0-2 anotado por Dani.

Mal resultado para o Vilalonga que a vindeira semana tocaralle bailar cunha das máis feas, visita ó Depor B.

Tamén tivo que lidiar cun dos galos da categoría o Sanxenxo, co Ourense. Os de Calucho platáronlle cara ó seu rival pero acabaron caendo por 1-0 , culpa dun solitario tanto de Eder no inicio do segundo tempo. Os amarelos realizaron un gran traballo defensivo durante os 90 minutos, pero custoulles crear ocasións de gol. Sen embargo tivo as súas opcións nos derradeiros minutos nos que case acada o empate.

A vindeira semana xogarán na casa ante o derradeiro clasificado, o Negreira, que aínda non sumou.

Redacción Salnés